Pregunta 8
Vamos a hablar ahora del tema de la educación, en términos generales, ¿cómo calificaría Ud. la situación de la enseñanza en colegios e institutos en España…?
Muy buena 1.4
Buena 34.0
Regular 37.8
Mala 15.1
Muy mala 5.3
N.S. 6.3
N.C. .1
(N) (2425)
Poucas novidades no Barómetro de xullo elaborado polo CIS con respecto ao ensino non universitario. Un tema, a educación, que segundo a mesma sondaxe non figura entre os dez primeiros problemas que existen actualmente en España pois só obtén unha porcentaxe de 4.4, como a sanidade por certo, moi lonxe do paro, o terrorismo e a inmigración. Somos conscientes de que atención que lle prestamos é insuficiente (pregunta 10).
A ausencia de disciplina e a conflitividade nos centros xunto coa pouca preocupación dos pais pola educación dos fillos son os problemas máis importantes dos colexios e institutos. As solucións, segundo a enquisa: implicación das familias e reforzo das medidas disciplinarias.
Rodrigo dice:
25-08-2005 12:39:37
Hai uns meses rematamos un traballo estatístico para un proxecto de avaliación da educación en Extremadura.
Pese aos problemas suliñados polos resultados (pouca implicación dos pais, despreocupación dos mestres, pouca integración dos fillos de inmigrantes, etc) a Junta de Extremadura fixo todo o posible para presentar o positivo e ocultar o negativo do estudo. Polo tanto, no canto de loitar contra as causas, van louvar o seu bo traballo ao fronte do goberno autonómico.
Unha magoa, porque ben podemos tardar unha xeración en recupernos.
Espero (¿pido moito?) que os políticos non se deixen dirixir polos sondeos e identifiquen os verdadeiros problemos para darlles soluzón.
Web: http://www.galinus.com