POESÍA E AMOR

E que se o día de San Valentín é unha estratexia comercial?
E que se as cartas de amor poden parecer ridículas?
Non será que son ridículas aos ollos dese lector que xa non sente milleiros de ás de bolboretas rebulindo no interior?
Celebremos o AMOR, "todos os días e hoxe tamén", como di o noso alumnado nos carteis para esta efeméride.



Escribiron cartas de amor. E para encheren o baleiro que puidesen ter á hora de: "que poñer? Como expresar...?", ofrecémoslles desde a biblioteca unha mostra da literatura amorosa que aquí poden atopar e que probablemente lles axude a dar a forma precisa ao seu sentir. E non só escribiron cartas de amor á parella ou á desexada parella; tamén de amor á amiga que sempre está aí e ao amigo incondicional. Cartas de agradecemento, de perdon... O Amor con maiúscula. Lirismo concentrado en 78 tarxetas que recibiron hoxe os seus destinatarios. "Destinatarios". Como amplía o seu significado esta palabra no día de hoxe. Destinatarios e destinatarias de Amor. Envexa, non si?
Graciñas, amiga Luísa lembrarme a Pessoa neste día.

Todas as cartas de amor
são Ridículas.

Também escrevi em meu tempo cartas de amor,
Como as outras,
Ridículas.

As cartas de amor, se há amor,
Têm de ser
Ridículas.

Mas, afinal,
Só as criaturas que nunca escreveram
Cartas de amor
É que são
Ridículas.

Quem me dera no tempo em que escrevia
Sem dar por isso
Cartas de amor
Ridículas.

A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que sãoRidículas.

(Todas as palavras esdrúxulas,
Como os sentimentos esdrúxulos,
São naturalmente
Ridículas.)

Álvaro de Campos, 21-10-1935
(heterónimo de Pessoa)

Grazas a todos os que colaboraron coa biblioteca para poder levar a cabo esta actividade , especialmente ao alumnado de Técnicas de comunicación escrita que confeccionou os carteis e aos alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas: Tamara e Javier que realizaron os debuxos e a Sandra, Sabrina, Lidia e Alberto que lles puxeron cor.


Lo más destacado

Revisando Google Analytics con el objetivo de ver el nivel de aceptación de los artículos, me encuentro con algunas sorpresas. Los que despertaron mayor interés entre nuestros lectores son los siguientes:

En primer lugar un artículo que fue publicado hace ahora un año coincidiendo con la celebración de esta semana, creo que transmite emociones de las que no te puedes sustraer si escuchas " la canción" mientras lees.-

Palabras de Amor

En segundo lugar, las conclusiones del grupo de trabajo dirigido por Javier Celaya en las 14ª Jornadas de Bibliotecas Infantiles, Juveniles y Escolares celebradas en Salamanca.-

Cómo fomentar la lectura y la escritura a través de los BLOGS

Y en tercer lugar un artículo publicado el mes pasado, que hace referencia a un hermoso libro que entró en nuestra biblioteca.-


Las mujeres que leen son peligrosas


Ten en cuenta que un artículo puede resultar de interés para muchas personas y sin embargo no ser referenciado, enlazado, visitado, comentado, etc.
¿Estás de acuerdo con estas estadísticas?

Inés del alma mía


Inés Suárez é unha moza e humilde costurera extremeña que se embarca cara ao Novo Mundo para buscar ao seu marido, extraviado cos seus soños de gloria alén do Atlántico. Anhela tamén vivir unha vida de aventuras, vetada ás mulleres na pacata sociedade do século XVI. Nesta novela épica o alento do amor concede unha tregua á rudeza, a violencia e a crueldade dun momento histórico inesquecible. A través da pluma de Isabel Allende confírmase que a realidade pode ser tan sorprendentemente ou máis que a mellor ficción, e igualmente cativadora.

Para ler o primeiro capítulo pincha aquí.

Inés del alma mía na biblioteca.

Outras novelas de Isabel Allende na biblioteca.

Falan de blogs

No último número da revista Mi Biblioteca, e no artigo asinado por Mariela B. Ferrada Cubillos "Blogs: nuevos lugares de encuentro para las bibliotecas".


Eh! esquecíame, tamén falan de nós ;-)

Uno de los aspectos positivos que implica escribir una bitácora es que nos obliga a pensar. En el contexto de una biblioteca, esto implica que además de pensar o repensar, esta se obliga a si misma a escuchar lo que otros, sus usuarios o clientes, tienen que decir de sus políticas y prácticas, a puertas abiertas, ya que es imposible esconder el “libro de reclamaciones y sugerencias” así como pretender mantener un control absoluto de sus gustos o acciones. Si queremos saber qué piensan realmente nuestros usuarios, en especial aquellos de edades entre los 18 y 35 años, no hay que preguntarles mediante exhaustivos cuestionarios, donde cada cual intentará quedar bien (biblioteca y usuario) hay que observar qué hacen y dicen. Por otra parte, la biblioteca que mantiene una bitácora tiene que estar dispuesta a contestar a las cuestiones formuladas por sus lectores o usuarios. Un buen ejemplo de ello es la bitácora A nosa Biblioteca 2.0, Bitácora dunha biblioteca escolar, (http://biblioweb.blogspot.com), de la Biblioteca del I.E.S. As Mariñas de Betanzos (A Coruña), que se ha implicado con sus usuarios en una bitácora. Ellos mismos lo explican: “A Nosa Biblioteca 2.0 es la bitácora de un grupo de amantes de los libros que se dejan caer por la biblioteca del I.E.S. As Mariñas de Betanzos. No tiene un carácter oficial, ni nunca se pretendió que así fuera. Simplemente es un lugar de encuentro donde cualquiera puede publicar sus reflexiones, recomendaciones, experiencias, etc. Y desee compartirlas con los demás. Siendo los diferentes artículos responsabilidad exclusiva de los autores de los mismos”.

Nuevos blogs

Van apareciendo en las bibliotecas escolares. Podéis seguirles la pista en el Mapa (Mapa dos Blogs) y en el nuevo directorio (BiblioBlogs).

Primeiro incunable galego


Casualidades da historia converten o 3 de febreiro na data da morte de Gutenberg e o “nacemento” do primeiro libro en Galicia. O primeiro incunable galego coñecido ata o momento, o Misal Auriense, saíu dun prelo instalado no castelo de Monterrei no ano 1494. É dicir, máis de corenta anos despois do invento de Gutenberg e no final da datación dos incunables.


O importante é existencia dun prelo no val de Monterrei xa no século XV ao cargo dos impresores Gonzalo Rodríguez de la Passera e Juan de Porras. Por certo, non teñen ningunha rúa dedicada en Verín, pero cando en Chaves intentaron bautizar unha como Rúa Passera e Porras a xente protestou pola súa ambigüidade obscena en portugués.


Do Missale secundum usum Auriensis ecclesiae fixéronse dúas tiradas: unha en pergamiño, conservada na actualidade no Museo Catedralicio de Ourense; e outra en papel, na Biblioteca Nacional. A obra descríbese como libro en folio de 33 cm e 265 follas, editado a dúas columnas con letra gótica e inclúe a tipografía musical co pentagrama en tinta vermella. No castelo de Monterrei pode verse unha reprodución de onde tiramos a foto.


Directorio de blogs educativos

La blogosfera educativa es activa, dinámica e innovadora. Puedes tomarle el pulso en BlogFesores, un directorio compuesto por 192 blogs organizados en 40 categorías.



"...Los profesores de enseñanzas medias desarrollan una mayor actividad en comunidades y redes de intereses (formación, intercambio de experiencias, compartición y desarrollo de recursos) que en el caso de la universidad, en que las comunidades de profesores organizadas con objetivos docentes son prácticamente inexistentes.
La combinación de estos factores se traduce en profesores de enseñanzas medias más innovadores, con mejor conocimiento de las herramientas, y más incentivados para cambiar sus modelos docentes..."
Juan Freire.

Librería Colón


Nas páxinas locais dos xornais de hoxe recóllese a despedida multitudinaria que os "adictos" a esta librería puidémoslle facer onte xa que pecha as súas portas definitivamente.


Detrás desas portas quedan moitas sensacións, todas elas boas. Colón non era só unha librería, era un punto de encontro e non só cos libros.


Grazas a Amparo e ás dúas Begoñas que tantas veces axudáronme a atopar esas lecturas que tan bos momentos proporcionáronme ou a elixir aquel libro que quería regalar.

Opinións dos alumnos



Hoxe visitou a biblioteca o alumnado de Pd3 e Pd4 para levar a cabo as actividades de formación de lectores que estes días se están facendo na biblioteca. Parece que lles gustou según as opinións que eles mesmos escribiron:

"A mi me gustó, es una actividad divertida, porque así también aprendemos algo más que no sabíamos"

"A actividade pareceume moi ben xa que aínda que no sou moito de libros está ben aprender a utilizar ben a biblioteca xa que o día que me faga falta consultarei o necesario sen problema ningún"

"Gustoume pero foi pouco tempo"

"Me gustó porque ahora asi, más adelante voy a poder venir buscar un libro sin prácticamente dificultades.Una experiencia positiva"

"Me gustó la actividad porque así sabemos algo más sobre nuestra biblioteca y aprendemos a buscar las cosas solos."

"Ben, pero moi complicado"

"Nin ben nin mal"

"Me pareció bien para aprender algo más de la biblioteca"

"A actividade pareceume entretenida un pouco cansada polo de buscar libros"