POESÍA E AMOR

E que se o día de San Valentín é unha estratexia comercial?
E que se as cartas de amor poden parecer ridículas?
Non será que son ridículas aos ollos dese lector que xa non sente milleiros de ás de bolboretas rebulindo no interior?
Celebremos o AMOR, "todos os días e hoxe tamén", como di o noso alumnado nos carteis para esta efeméride.



Escribiron cartas de amor. E para encheren o baleiro que puidesen ter á hora de: "que poñer? Como expresar...?", ofrecémoslles desde a biblioteca unha mostra da literatura amorosa que aquí poden atopar e que probablemente lles axude a dar a forma precisa ao seu sentir. E non só escribiron cartas de amor á parella ou á desexada parella; tamén de amor á amiga que sempre está aí e ao amigo incondicional. Cartas de agradecemento, de perdon... O Amor con maiúscula. Lirismo concentrado en 78 tarxetas que recibiron hoxe os seus destinatarios. "Destinatarios". Como amplía o seu significado esta palabra no día de hoxe. Destinatarios e destinatarias de Amor. Envexa, non si?
Graciñas, amiga Luísa lembrarme a Pessoa neste día.

Todas as cartas de amor
são Ridículas.

Também escrevi em meu tempo cartas de amor,
Como as outras,
Ridículas.

As cartas de amor, se há amor,
Têm de ser
Ridículas.

Mas, afinal,
Só as criaturas que nunca escreveram
Cartas de amor
É que são
Ridículas.

Quem me dera no tempo em que escrevia
Sem dar por isso
Cartas de amor
Ridículas.

A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que sãoRidículas.

(Todas as palavras esdrúxulas,
Como os sentimentos esdrúxulos,
São naturalmente
Ridículas.)

Álvaro de Campos, 21-10-1935
(heterónimo de Pessoa)

Grazas a todos os que colaboraron coa biblioteca para poder levar a cabo esta actividade , especialmente ao alumnado de Técnicas de comunicación escrita que confeccionou os carteis e aos alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas: Tamara e Javier que realizaron os debuxos e a Sandra, Sabrina, Lidia e Alberto que lles puxeron cor.


No hay comentarios: