Saramago e a visión da muller.

Desculpádeme, pero hoxe, por que non?, tamén quero que sexa o noso día. Pásovos unhas palabras de José Saramago.



Eu escribo, Pilar escribe, traduce, fala na radio, coida do marido, coida da casa, coida dos cans, fai a compra, fai a comida, encárgase da roupa, despacha a correspondencia, dialoga co mundo, organiza o emprego do tempo, acolle os amigos que veñen a vernos, e escribe, e traduce, e fala na radio, e coida do marido, e da casa, e dos cans, e sae facer as compras, e volve para facer a comida, e escribe, e traduce, e fala na radio, e encárgase da roupa, e acolle os amigos, e segue, incansable, dialogando co muno, e di “Estou cansa”, e logo di “pero non importa”. Eu escribo.


Este texto foi escrito e cedido por Saramago para o disco de Pedro Guerra: Hijas de Eva, pero tamén podedes atopar ao Nobel portugués na nosa biblioteca. Vimos de recibir a súa última publicación, Las pequeñas memorias, unha autobiografía que abarca ata a adolescencia do autor.

No hay comentarios: