Find the Treasure !

Un pequeno agasallo para estes días.


Mira, actúa, resolve, atopa e cóntasmo.

(visto en Download Squad)

Paz nas Escolas

Ata 27 veces lemos a palabra PAZ na recente Lei 27/2005. E é unha lei breve, de tan só catro artigos e catro disposicións. Deste xeito, a “cultura da paz” e a “non violencia” é un concepto xa vixente na lexislación española. O Goberno asume por lei o compromiso do fomento da paz, principalmente a través do sistema educativo. Esta é exposición de motivos que paga a pena ler e dar a coñecer para o vindeiro 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz.

O século XX foi un século de profundas contradicións. Foi un século no que se produciron avances inimaxinables en moitos dos ámbitos da vida. Dende os avances tecnolóxicos, que nos poderían facer superar moitas enfermidades, reducir a pobreza e eliminar a fame, ata os cambios de cultura política, que permitiron substituír formas autoritarias de goberno por outras formas democráticas.
Non obstante, e a pesar destes avances, vimos como o século XX se converteu nun do séculos máis sanguentos da historia. As dúas grandes guerras, a Guerra Fría, os estalidos xenocidas en países coma Bosnia, Ruanda ou Kosovo ou as grandes crises económicas que favoreceron o aumento de diferenzas entre os que máis teñen e os que no teñen nada, son claros indicadores das grandes contradicións do século que vimos de deixar atrás.
Trátase, en definitiva, dun século no que prevaleceu de forma notable unha cultura da violencia, que se caracteriza por poñer de manifesto sete inseguridades graves que adoitan xerar frustracións e, consecuentemente, violencia, a escalas moi diferentes. Estas sete inseguridades puxéronse de manifesto no Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) en 1998 e son de tipo económico e financeiro, das rendas, cultural, sanitario, persoal, ambiental, e político e comunitario. Tales inseguridades atópanse na base das numerosas inxustizas e desigualdades que imperan tanto a escala local, coma rexional e, mesmo, mundial.
No marco da Década Internacional para a Cultura da Paz (2001-2010), proclamada polas Nacións Unidas, esta lei, recoñecendo o papel absolutamente decisivo que xoga a educación como motor de evolución dunha sociedade, pretende ser un punto de partida para substituír a cultura da violencia que definiu o século XX, por unha cultura da paz que ten que caracterizar o novo século.
A cultura da paz fórmana todos os valores, comportamentos, actitudes, prácticas sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.
Esta cultura da paz tense
que implantar potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, como práctica que se ha xeneralizar na xestión e transformación dos conflitos.
Esta lei, amparándose no punto a.2 do Programa de Acción sobre unha Cultura da Paz, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999, establece unha serie de medidas destinadas ao eido educativo e da investigación, co obxecto de establecer a cultura da paz e da non-violencia na nosa sociedade.

Lei de Fomento da Educación e Cultura de Paz. Versión en galego
Ley de
Fomento de la Educación y Cultura de Paz. Versión en castellano

Ilustración e informacións, do
Seminario Galego de Educación para a Paz

18 anos cos premios Rúa Nova

No 2006 farase maior de idade un dos premios máis prestixiosos para narradores menores de 18 anos. Xa están dispoñibles as bases e as fichas de inscrición dos premios Rúa Nova de Narracións Xuvenís do vindeiro ano no que chegará precisamente á súa décima oitava convocatoria.

Poderán participar tódolos mozos que non teñan cumpridos os 18 anos o día 2 de abril de 2006.

Establécense dous Primeiros Premios e dous Accésits para traballos presentados en lingua galega e en lingua castelá cunha extensión mínima de 25 folios e máxima de 125 (30 liñas por folio), escritos en letra corpo 12 e a dobre espazo.

A dotación económica dos primeiros premios é de 1.500 euros e os traballos premiados serán publicados na Colección Nova 33, que edita a Fundación Caixa Galicia.

O prazo de presentación de traballos remata o 10 de marzo de 2006.

A voltas co Nadal

Os Reis Magos son... xa o sabemos todos: Melchor, Gaspar e Baltasar. Pero se o sabemos todo sobre os Reis Magos é porque realmente sabemos pouco. Para empezar, nin sequera hai noticia de seren reis nin seren tres. Xa ves como comeza o conto:

“Érase unha vez un reino no sur de Exipto, Meroe, e o seu soberano chamábase Gaspar. Como os seus pais, coma as súas esposas, coma todo o seu pobo, Gaspar era negro, pero non o sabía, non tendo visto nunca un branco. E non só era negro,senón que tiña un nariz chato, orellas minúsculas e cabelos crespos, cousas todas que igualmente ignoraba.” M. Tournier. Os Reis Magos
Un Gaspar sudanés, non un Baltasar pintado de betume, que arrastrado pola longa e loira cabeira do cometa chega ata a Belén e coñece o Neno que el, e só el, ve de cor negra. No mesmo libro coñecemos a Taor, o cuarto ReiMago, o príncipe do azucre e santo do sal, que abandonou o seu reino perseguindo o sabor definitivo e atopouno no humilde banquete do pan e do viño.
Son as historias sagradas vistas polo escritor francés Michel Tournier. Para quen aínda crea que sagrado significa intocable, no libro de relatos O urogalo, Caín é o favorito de Deus e Mamá Noel dálle a teta ao neno Xesús...

OS REIS MAGOS
Autor/es:
TOURNIER, MICHEL
Editorial: XERAIS
Localización: 821.1-4/TOU/rei

O UROGALO
Autor/es:
TOURNIER, MICHEL
Editorial: XERAIS
Localización: 821.1-4/TOU/uro

VENRES OU A VIDA SALVAXE
Autor/es:
TOURNIER, MICHEL
Editorial: XERAIS
Localización: 821.1-4/TOU/ven

Leer y navegar

La sección de tecnología (Navegante) de la edición digital de El Mundo realiza reseñas de libros relacionados con Internet, la tecnología, la ciencia ficción, la nueva economía e incluso novelas relacionadas con el mundo que rodea a la Red.

FREE CULTURE
de Larry Lessig
REPÚBLICA INTERNET
de Carlos Sánchez Almeida
LA PASTILLA ROJA
de Alfredo Romeo y Juantomás García
DECLARA
de Tim Powers
LA ESPADA DEL DESTINO
de Andrzej Sapkowski
EXPERIENCIAS EXTREMAS S.A.
de Christopher Priest
EN ALAS DE LA CANCIÓN
de Thomas M. Disch
EL ÚLTIMO DESEO
de Andrej Sapkowski
MUERTE DE LA LUZ
de Geore R. R. Martin
CRIPTONOMICON
de Neal Stephenson
PUERTA AL VERANO
de Robert Heinlein
LAS 100 MEJORES NOVELAS DE CIENCIA FICCION
de Varios Autores
BOBOS EN EL PARAISO
de David Brooks
E-JECUTIVOS
de Matt Beaumont
IN THE BEGINNING WAS THE COMAND LINE
de Neal Stephenson
IBM Y EL HOLOCAUSTO
de Edwin Black
CODE AND OTHER LAWS OF CYBERSPACE
de Lawrence Lessig
CONTRA EL TIEMPO
de Greg Egan
EL INSTANTE ALEPH
de Greg Egan
LUZ DE OTROS DIAS
de Arthur Clarke y Stephen Baxte
CIBERMILLONARIOS. LA BURBUJA DE INTERNET EN ESPAÑA
de Nuria Almirón
CIUDAD PERMUTACION
de Greg Egan
LA REGULACION DE LA RED
de Santiago Muñoz Machado
SNOW CRASH
de Neal Stephenson
EL NUDISTA DEL TURNO DE NOCHE (Y OTRAS HISTORIAS DE SILICON VALLEY)
de Po Bronson
¿PORQUE COMERCIA TAN POCO EL COMERCIO ELECTRONICO?
de José Luis Nueno, Jesús Viscarri y Julián Villanueva
MP3
de Eva Rosario y Juan Francisco Marcelo
TEJIENDO LA RED
de Tim Berners-Lee

Un nuevo planeta

Un nuevo planeta en el sistema blogosférico, se trata de planetaciencia y está cargado de información científica. Por ahora solo con cinco blogs.

(visto en ñblog)

O acomodador e outras narraciós

Dos relatos incluídos na Antoloxía do conto galego. Século XX, reeditada hai un mes con algúns engadidos, un dos que máis lles gustou aos lectores de 2º. de bacharelato da quenda da tarde foi “O viño dos sábados”, de Marcial Suárez. As bebedelas do Tarabá, do Pardau e do Boca que máis có viño o “que se lles subía á cabeza era, sinxelamente, o sábado”.
Para quen lle soubese a pouco, na biblioteca figura a primeira edición do magnífico libro de relatos O acomodador e outras narraciós, Galaxia (1969), tamén na edición non venal en tres tomiños de xa hai anos de Diario 16.
Toda vila debería contar cun libro coma este que Marcial Suárez dedicou a Allariz cunha galería de populares personaxes alaricanos. Escrito ademais cun sentido de humor desenganado que abala entre a rexouba nostálxica e a tenrura. Non sei por qué, lembra escenas de neorrealismo italiano visto polo cristal galego.
Súas son as célebres afirmacións referidas á vila do Arnoia:
“Non hai pobo no mundo que teña máis igrexas por católico cadrado”.
“(ten) un cemiterio pequeño, que produce a maior cantidade de silencio do mundo”.
“Morrer é o único que lle falta ó meu pobo, pra ser fondamente e enteiramente humano”.
O acomodador está esperando unha nova reedición, con actualización ortográfica, que lle traia novos lectores tamén nos centro de ensino.
Ou será que eu tiña hoxe morriña da Ziralla (léase ó revés).

O acomodador e outras narraciós
Autor/es:
SUÁREZ, MARCIAL
. Ilustracións de Luís Seoane
Editorial:
GALAXIA
1969
Localización: 821.1-3/SUÁ/aco
Antoloxía do conto galego, século XX
Selección de
Alonso Girgado, Luis

Editorial:
Galaxia 1992
Localización: 821.1-3/VAR/ant

2006, un año de celebraciones

250 aniversario del nacimiento de Mozart.

Centenario de la muerte de Henrik Ibsen.

Centenario del nacimiento de Francisco Ayala.

Centenario de la muerte de José María Pereda.

V centenario de la muerte de Cristóbal Colón.

125 aniversario del nacimiento de Juan Ramón Jiménez.

125 aniversario del nacimiento de Pablo Picasso.

50 aniversario de la creación del personaje de cómic El Capitán Trueno, de Miguel Ambrosio Zaragoza, Ambrós.

Año Internacional de los Desiertos y la Desertificación.

Turín, Capital Mundial del Libro 2006.

Año Europeo de la Movilidad de los Trabajadores.


(Visto en SOL, Banco de recursos)

¡Enhorabuena!


Sonia Martínez, Susana González, Ana Freire y Ana Gómez alumnas del Ciclo Superior de Administración y Finanzas de este Instituto han conseguido quedar como finalistas en los Premios 2005 de Cooperativismo dentro del apartado de Proyectos Empresariales.

Su proyecto, “A Fraga, Sociedad Cooperativa”, consiste en la creación de un Centro de Día para mayores en Guiliade (Betanzos).

La entrega de premios tuvo lugar en Santiago el pasado 17 de diciembre y estaban convocados por el Consello Galego de Cooperativas, en colaboración con la Consellería de Traballo y a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

"Un meme me manda hacer Carlos Santos"

Unha frase que defina o teu edublog.
Bitácora da biblioteca escolar do IES As Mariñas (Betanzos) sobre asuntos culturais e educativos arredor dos libros e a lectura, as bibliotecas e as fontes de documentación, os ordenadores e a aplicación das TIC no ensino, fotos e actividades do instituto... uff!!


Unha palabra que te distinga como blogfesor.
Formiguiña (de formiga “pouco traballo pero arreo” e de formigo “inquietude”)


O edublog que recomendarías.
O doutro animaliño imprescindible nas prazas e patios: o
GURRIÓN

A quen lle paso o encargo.
Mariano Coronas (Aragón)
Xosé Antón (Galicia)
Sônia Bertocchi (Sao Paulo)

Perdón aos tres, foi sen querer.