18 anos cos premios Rúa Nova

No 2006 farase maior de idade un dos premios máis prestixiosos para narradores menores de 18 anos. Xa están dispoñibles as bases e as fichas de inscrición dos premios Rúa Nova de Narracións Xuvenís do vindeiro ano no que chegará precisamente á súa décima oitava convocatoria.

Poderán participar tódolos mozos que non teñan cumpridos os 18 anos o día 2 de abril de 2006.

Establécense dous Primeiros Premios e dous Accésits para traballos presentados en lingua galega e en lingua castelá cunha extensión mínima de 25 folios e máxima de 125 (30 liñas por folio), escritos en letra corpo 12 e a dobre espazo.

A dotación económica dos primeiros premios é de 1.500 euros e os traballos premiados serán publicados na Colección Nova 33, que edita a Fundación Caixa Galicia.

O prazo de presentación de traballos remata o 10 de marzo de 2006.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Feliz Navidad. No se te olvide mirar al pie del arbol. Si tu corazon sigue lleno de inocencia y frescura, alli estara tu regalo. Un abrazo muy fuerte desde el sur:

Juan Panadero