Velaquí a terceira edición (1962) do folleto divulgativo Consejos prácticos para defenderse de los efectos de las armas nucleares (bombas atómicas, de hidrógeno, etc.) Autoprotección familiar y personal, dos doutores Piedrola e Amaro. Debeu gozar de relativa difusión: tres edicións en catro anos. Non era para menos. En outubro dese mesmo ano produciuse a crise dos mísiles cubanos. De toda a carreira nuclear, que non se detén na fin da guerra fría, chama a atención a cantidade de tratados, acordos, trasacordos, pactos e moratorias. Enfin, como ben indica o dicionario, expurgar non é prohibir a lectura. O depósito que estamos organizando estes días está tamén dispoñíbel para uso e préstamo. Xulga ti se este hilarante tratadiño que propón deixar os zapatos no felpudo para non meter po radiactivo na casa será proveitoso nestes tempos revoltos. Onte coma hoxe, o peor é o medo e a manipulación nada inocente da ignorancia.
| Aínda que só teñas un segundo, hai unha cousa importante que pode facerse, e que trae consigo moitas probabilidades de evitar os efectos da explosión: Axeonllarse e rezar Deitarse no chan boca abaixo Chamar os bombeiros | Como construír un refuxio nuclear no soto da casa |
A resposta no folleto 61 / PIE / con. Ubicación: DEPÓSITO

1 comentario:
¿Y como acabo esta joyita en una biblioteca de instituto?
Pd1: Antes de tirrarlo o reciclarlo, avisadme y cojo el bus a Betanzos...
Pd2: Estoy prgando mi biblioteca yme sobra un ejemplar del Quijote de 1604, ¿quien lo quiere? ¿Quien coje el chiste?:-).
Publicar un comentario