A alfabetización, fonte de liberdade

8 de setembro. Día Internacional da Alfabetización

tintaserveescribir

Póster

Definicións

Analfabeto: persoa que non é capaz de ler ou escribir con comprensión unha breve e sinxela exposición de feitos relativos á súa vida cotiá.

É analfabeto funcional a persoa que non pode emprender aquelas actividades nas que cómpre a alfabetización para a actuación eficaz no seu grupo e que lle permitan asemade valerse da lectura, a escritura e a aritmética ao servizo do seu propio desenvolvemento e da súa comunidade.

Estatísticas

Calcúlase que no mundo existen máis de 880 millóns de persoas maiores de quince anos analfabetas. É dicir, o 20 por cento da poboación adulta mundial.

O analfabetismo é sexista: Dous tercios desta cantidade son mulleres. Mulleres: 562 millóns. Homes: 320 millóns.

O analfabetismo é pobreza: Rexións máis desenvolvidas: 14 millóns. Rexións menos desenvolvidas: 868 millóns de persoas.

Concéntrase principalmente no sur e leste de Asia. Só na India estímase que existen 285 millóns de adultos analfabetos.

O analfabetismo combátese coa educación, pero 113 millóns de nenos están sen escolarizar e non teñen acceso daquela á ensinanza elemental.

Asemade, o analfabetismo afecta ás minorías étnicas e lingüísticas, poboacións indíxenas, inmigrantes, refuxiados e persoas con discapacidades.

A taxa de analfabetismo mundial pasou do 44% nos anos 50 ao 25% no ano 1990. No 2005 estamos no 18’5 % (13’4 nos homes e 23’6 nas mulleres).

As competencias de lectura e escritura dos países desenvolvidos tamén amosan lagoas. O 5% dos estadounidenses son analfabetos segundo o censo de 1990; sete millóns de residentes no Reino Unido son analfabetos funcionais. En España, as cifras baixan pouco do millón de habitantes (950 mil adultos, maioritariamente mulleres).

Fonte: Internacional Literacy Explorer

UNESCO. Institute for Statistics

UNESCO. Education for All by 2015

Ver: Video on International Literacy Day 2005 (portugués) (swahili)

Faraldos e Murguías

Antolín Faraldo, a primeira figura intelectual do “provincialismo”, naceu un dous de setembro do ano 1822 neste Betanzos que describe en boa prosa decimonónica Manuel Murguía, a figura senlleira do “rexionalismo”.

antolinfaraldo021

Busto de Faraldo á beira do Mandeo

Había nacido en Betanzos, y como la mayoría de los grandes escritores gallegos, pertenecía a esa fecunda tribu brigantina, en la cual parece haberse concentrado en el presente siglo todas las virtudes, todas las fuerzas y esperanzas de la familia celto-gallega. Aquella pequeña ciudad, en la cual el hombre lacustre levantó, en una remota antigüedad, su vivienda sobre las ondas amargas y movedizas, se hermosea cada temprana primavera con las flores de los climas meridionales y con los encendidos cielos de los países montañosos. De un lado arrojan las alturas sobre la población sus fríos y durezas; del otro la ribera fecunda sus templanzas y suavidades. Así como las aguas del río y las del Océano se mezclan y confunden bajo los arcos del puente, así los vientos de la mar y los de la alta meseta central de Galicia se unen bajo su cielo, y marchan juntos a donde la voluntad de Dios los dirige.

De igual modo sus hijos tienen algo de la blandura de aquellos campos fertilísimos, algo de la firmeza de las montañas que cortan su horizonte, algo también de la profundidad de las aguas inmóviles en que se reflejan las viejas murallas que ciñen la ciudad bien amada. Entre todos ellos, Faraldo fue por esencia dueño de tan nobles cualidades.

MANUEL MURGUÍA. Los Precursores. A Coruña, 1885

CDU: 821-3 / MUR / pre

Faraldo (1822-1853) viviu perigosamente e morreu novo, aos trinta anos de idade, lonxe do Betanzos natal: en Granada. Murguía (1833-1923) chegou a nonaxenario con recoñecido éxito en Galicia como primeiro presidente da RAG. Faraldo coñeceu o exilio en Portugal logo do fracaso da revolución do 1846 que rematou cos mártires de Carral. Murguía buscou traballo por España adiante para manter a numerosa e malfadada prole do seu matrimonio con Rosalía de Castro. Os dous mantiveron un intenso labor xornalístico. Faraldo, co-fundador do que se califica como primeiro xornal anarquista (?): El Porvenir. Murguía desenvolveu ademais un persoal labor historiográfico que “inventa” para todos os galegos a nosa orixe céltica...

Dúas vidas do século XIX xa tan recuadas de nós. Ou non? O punto aparentemente en común da nosa política do XXI segue a ser o galeguismo. Como Faraldos ou como Murguías?

Escrito por: Serafín

Truquillo para empezar el curso

Aprovechando la corriente creada tras el último lanzamiento de la factoría Google. Te mostramos como sacar más partido a tu cuenta de correo Gmail.
Todo como de costumbre en aMiMeVaLe.
Si aún no tienes tu cuenta Gmail y quieres probarla, ya sabes, manda un correo a
anosagmail1gs

Graffiti no Pasatempo

A 400 metros do instituto, no valado do campo de fútbol e polos arredores do Pasatempo.

graffitibetanzos

Graffiti do I Festival de Arte Urbana (27 de agosto do 2005)

O graffiti entrou nas nosas vidas pola dureza das súas mensaxes. Barrios que amencían coa conciencia sacudida polas paredes. Arte en movemento nas evocadoras paisaxes ferroviarias. Cor na fealdade dos edificios que chamamos casa. Declaracións de amor, desafío á autoridade, inspiracións relixiosas, política caótica e necesaria, comentarios marxinais ao pé das nosas vida. Moita idea anónima.

Agora vexo moita firma e pouca mensaxe.

Escrito por: Serafín

BlogDay

Para celebrarmos o BlogDay, recomendamos a visita aos seguintes veciños de aquén e alén mar:

BRASIL

Lousa digital. Desde Sao Paulo, a profesora Sônia Bertocchi abriu este “espaço para a reflexao colectiva sobre o uso pedagógico da Internet”.

ARXENTINA

Dentro do portal educativo do estado arxentino, os seguintes enlaces: Educación y TIC e BERA (Bibliotecas Escolares y Especializadas de la Repúbica Argentina)

ESPAÑA

Planeta educativo. Un superblog cuns cen blog sindicados de temática educativa.

PORTUGAL

BE/CRES. Non é un blog, pero o dinamismo con que o amigo Pedro Rafael coordina este portal dedicado ás bibliotecas escolares e centros de recursos educativos obríganos a incluílo na lista.

GALICIA. Cinco veciños de porta con porta:

Caderno de bitácora do IES Isaac Díaz Pardo de Sada

Aula Galicia. Apuntes de Historia e Xeografía de Galicia para o Bacharelato

Ensino en galego. Taboleiro de anuncios sobre o ensino en lingua galega.

Musiescola. Educación Musical. Música no ensino obrigatorio. Música para todos.

Sekeirox. Blog de Carlos Santos, un dos máis ao tanto da blogoesfera educativa en Galicia.

 

Escrito por: Serafín

Curso de perfeccionamento de galego

Para o alumnado de Adultos, especialmente os “exentos” de Lingua Galega, que durante o curso pasado preguntaban polos Cursos de Iniciación e Perfeccionamento.

Esta anunciado e aberto o prazo de inscrición dun Curso de perfeccionamento de galego que se desenvolverá do 5 de setembro ao 27 de outubro,  no Centro de Formación Ocupacional de Betanzos, de luns a venres en horario de sete a nove da tarde.

Máis información.

 

Escrito por: Serafín

400.000 "eduxoves"

Este curso parece que tomará maior pulo a oferta dunha conta de correo electrónico para toda a comunidade educativa. O proxecto SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega), logo de atender principalmente a mensaxería entre o profesorado, afirma que “unha vez resoltos os problemas técnicos procédese a dar de alta a todo o alumnado de Galicia no novo servizo de mensaxería”.

    Para atender a 400.000 alumnos creouse o dominio eduxove.xunta.es. Da recollida de solicitudes, asinadas polos pais en caso dos menores de idade, encargaranse coma ata agora os centros de ensino.

Se o voso titor non vos informa ou non vola ofrece a principio de curso, reclamádea. É de balde, como non.

Formulario de solicitude

 

Escrito por: Serafín

Iberia en chamas

portugaltmo2005217tn

Incendios en Portugal

Soños sen rumbo;

en páramos queimados,

a voz do vento.

Uejima Onitsura

Haiku de Uejima Onitsura, poeta xaponés entre os séculos XVII e XVIII.

Imaxe actual do observatorio da Nasa.

 

Escrito por: Serafín

Barómetro do CIS

Pregunta 8

Vamos a hablar ahora del tema de la educación, en términos generales, ¿cómo calificaría Ud. la situación de la enseñanza en colegios e institutos en España…?

Muy buena  1.4

Buena  34.0

Regular  37.8

Mala  15.1

Muy mala  5.3

N.S.  6.3

N.C. .1

(N) (2425)

    Poucas novidades no Barómetro de xullo elaborado polo CIS con respecto ao ensino non universitario. Un tema, a educación, que segundo a mesma sondaxe non figura entre os dez primeiros problemas que existen actualmente en España pois só obtén unha porcentaxe de 4.4, como a sanidade por certo, moi lonxe do paro, o terrorismo e a inmigración. Somos conscientes de que atención que lle prestamos é insuficiente (pregunta 10).

    A ausencia de disciplina e a conflitividade nos centros xunto coa pouca preocupación dos pais pola educación dos fillos son os problemas máis importantes dos colexios e institutos. As solucións, segundo a enquisa: implicación das familias e reforzo das medidas disciplinarias.

Rodrigo dice:

25-08-2005 12:39:37

Hai uns meses rematamos un traballo estatístico para un proxecto de avaliación da educación en Extremadura.
Pese aos problemas suliñados polos resultados (pouca implicación dos pais, despreocupación dos mestres, pouca integración dos fillos de inmigrantes, etc) a Junta de Extremadura fixo todo o posible para presentar o positivo e ocultar o negativo do estudo. Polo tanto, no canto de loitar contra as causas, van louvar o seu bo traballo ao fronte do goberno autonómico.
Unha magoa, porque ben podemos tardar unha xeración en recupernos.
Espero (¿pido moito?) que os políticos non se deixen dirixir polos sondeos e identifiquen os verdadeiros problemos para darlles soluzón.

Web: http://www.galinus.com