Historias Paralelas

hisparalelascustom

Historias Paralelas es un proyecto de cooperación entre La Biblioteca Nacional,  La Biblioteca Colombina y Capitular de Sevilla y la Biblioteca del Congreso para presentar en forma de biblioteca digital a través de libros, mapas, grabados, fotografías, manuscritos y otros documentos las interaciones históricas entre España y Estados Unidos desde el siglo XV hasta las primeras décadas del XIX.

Tiene ya desarrollado el primer tema: Exploración y primeros asentamientos.-

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Antonio

Contidos educativos

polbocontidos

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Serafín

Xerais, vinte e cinco primaveras máis

Edicións Xerais de Galicia está hoxe de festa na illa de San Simón.

Entre os motivos da celebración están os xa máis de vinte e cinco anos

de edición. Lembramos libros fermosos como aquel inesquecible

Arnoia, Arnoia de Ferrín do ano 1985; as obras imprescindibles que

ano tras ano dedica ao Día das Letras Galegas; os libros de texto que

empregamos a cotío nas aulas; a colección Merlín e a colección Fóra

de Xogo nas que están aprendendo a ler en galego todos os novos

lectores de Galicia... Por todo iso, que sexan vinte e cinco mil

primaveras máis. Tamén para as brétemas do seu director xeral.

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Die Brücke (A Ponte)

bruecke

Este mes cúmprense cen anos da fundación do movemento artístico Die Brücke (A Ponte), o primeiro grupo de expresionistas alemás aos que o réxime nazi calificaría logo como "arte dexenerada". Desde a cidade de Dresde, lanzan o seu manifesto fundacional:

"Coa fe posta no progreso e nunha nova xeración de creadores e consumidores, facemos un chamamento á mocedade; e como mocedade portadora do futuro, procuramos para nós a liberdade de vivir e actuar fronte as forzas tradicionais. Todo aquel que reflicta nas súas obras espontánea e veridicamente toda a súa forza creadora é dos nosos".

Con eles relacionarás toda a vangarda artística de comezos do século XX en Europa. En pintura, Munch ou tamén a Kandinsky e Paul Klee do grupo Der Blaue Reiter (O xenete azul) e logo a Walter Gropius e a Bauhaus como escola de deseño e arquitectura; na música, Schoenberg; na literatura, Kafka ou Bertold Brecht; no cine, Murnau e Fritz Lang.

Moito que descubrir na biblioteca!!!

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Poema de Palapisis1

No me digas palabras disfrazadas de verdad

Solo para hacerme sentir bien.

No me digas que, llegado el día, me amarás

Sabiendo que tu piel ansía otra piel.

No me digas, no me hables

¡Guarda tus armas mujer!

No me sigas, ni me adules

¡No me quieras hoy joder!

Tal vez en otro tiempo

Seguiría el juego hasta el final,

Pero ahora no es momento

De volver a tropezar

PALAPISIS

1/04/05

Categorias: Curiosidades

Escrito por: Invitado

Exames de Selectividade resoltos

O portal Educared publica máis de 500 exercicios de Selectividade resoltos por profesores e catedráticos de todas as materias (agás Lingua e literatura galega). Cada exercicio inclúe as pautas para a súa realización, modelos de respostas, información de repaso e trucos. Os problemas desenvólvense paso a paso en formato multimedia: con gráficos animados, explicacións adicionais de regras ou teoremas aplicados...

educared[1]

Lido en Código Cero

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Serafín

Comentarios
Francisco José Rodríguez POrto dice:

18-07-2005 11:40:42

Olá:
gustariame que me pasedes os exames de Seleticidade (Galicia) de xuño do 2005 de:
Matemáticas puras
Quimica
Inglés
Filosofía
Lingua Española e literatura
E no seu defeto unha ligazón para obter dita información.
Moitas grazas!!!

Web: http://

Serafín dice:

20-07-2005 22:31:16

Ola:
A ligazón onde podes obter toda a información sobre as Probas de Acceso á Universidade (PAAU) é a da Comisión Interunivesitaria de Galicia. Tradicionalmente neste enlace, os grupos de traballo van colgando as novidades, avisos e modelos de exames. Están os exercicios de xuño de setembro desde o ano 2001 e creo que tamén os últimos deste ano.
http://www.cesga.es/ciug/actualizacion/marcopaau.html
Esperarmos verte máis por aquí. Saúdos desde Betanzos.

Web: http://biblioteca.acelblog.com

El número uno

Según las últimas estadísticas tenemos más de 7400 libros. ¿Sabes qué libro está catalogado con el número de registro 1?.

Solo tienes que resolver el puzzle de este enlace para averiguarlo.

¡Paciencia y suerte!

Categorias: Curiosidades

Escrito por: Antonio

Comentarios
Serafín dice:

07-06-2005 11:26:18

Útil ferramenta para crear puzzles.
Tamén son recomendables para uso nas aulas:
WebQuestións 2 para confeccionar cuestionarios
http://www.clever-software.co.uk/
---ooo---
Eclipse Crosdword para crear encrucillados
http://www.greeneclipsesoftware.com/eclipsecrossword/

Web: http://

Antonio dice:

07-06-2005 19:14:01

excelentes recomendaciones, hace poco estuve probando el crossword y me pareció magnífico.

Web: http://

lamastelle dice:

08-06-2005 12:46:41

Clasificado por orden de entrada supongo, porque sino es que me he hecho otra vez un lio con la CDU...:-) Ya estaba yo pensando en la famosa novela anonima ( e inedita e imaginaria ) de " A Aaron, de parte de su hermoso", escrita por Anonima Abaco; y cuya signatura seria (ABA AAr).
Asi por jugar, y cumo posible sugerencia ludico escolar, a alguien se le ocurre un titulo y nombre ( mas o menos reales ) que fuesen por delante ?

Web: http://www.latorredehercules.com

Antonio dice:

09-06-2005 18:25:19

Si no me equivoco, nosotros catalogaríamos ese libro como: (ABA - a a), por lo que sería más fácil encontrar un título que fuera por delante. Por cierto, nosotros no lo tendríamos.

As literaturas infantís e xuvenís ibéricas

O Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago en colaboración con Galix e a Biblioteca nova 33 organiza para este verán, de xuño a setembro, o segudo curso de perfeccionamento "As Literaturas Infantís e Xuvenís Ibéricas. A súa Influencia na Formación Lectora". Este ano o tema específico é "Revisitar os clásicos: Hans Christian Andersen, Miguel de Cervantes, Xulio Verne".

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Prosa electoral

Velaquí o que din os programas electorais sobre as bibliotecas escolares:

g2005pp
Preténdese revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural dos centros. Entre as previsións máis salientables pódense destacar as axudas aos centros a través da actualización dos fondos documentais, a realización de actividades de fomento da lectura; a publicación de materiais de apoio, etc. Porase en marcha tamén un programa para a actualización da rede de bibliotecas escolares, mediante a selección de proxectos elaborados polos centros educativos, que contarán con asesoramento e cunha axuda económica de 250.000 euros.

g2005bng
Os investimentos realizados na mellora das bibliotecas escolares foron pequenos e con escaso criterio. O goberno do BNG comprométese a pór en marcha unha rede de apoio ás bibliotecas escolares co fin de mellorar a súa xestión, instalacións e materiais con que contan, e implementar políticas efectivas de mellora das habilidades lectoras do alumnado. Así mesmo, darase a formación necesaria ao profesorado coa correspondente redución horaria para asumir a responsabilidade deste servizo educativo.

g2005psg

· Potenciación das bibliotecas escolares, mellorando as súas dotacións e extendendo os seus recursos a medios audiovisuais.

· Promover, de acordo coa Consellería de Educación, a regulación da misión e dasfuncións das bibliotecas escolares, establecer un plano para a súa implantación e millora, constituír a súa rede e recoñecer a figura do docente-bibliotecario.

g2005eu
Irrenunciables para nós son: (…) o emprego das bibliotecas/ mediatecas escolares, cun plano nacional para artellar as bibliotecas escolares nunha rede que permita o uso didáctico das mesmas, a súa dotación con fondos actualizados e a súa conversión nun espazo habitual na vida do alumnado.

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín

Comentarios
Antonio dice:

04-06-2005 02:26:06

Decía Marx (Groucho) que "la política es el arte de buscar problemas, encontrarlos, hacer un diagnóstico falso y aplicar después los remedios equivocados".

Walt Whitman

Walt Whitman (1819-1892) cumpriu esta semana 186 anos.

“Máximo cantor do Eu, do corpo humano, do sexo, da fraternidade universal, da igualdade democrática; profanador insigne de todas as convencións de forma e linguaxe”, afirma a contraportada da tradución que J. L. Borges realizou de Follas de herba, editada en versión bilingüe por Lumen. É a única que temos na biblioteca (CDU: 811.11 / WHI / hoj), pero reúne case todas as poesías que o poeta norteamericano foi corrixindo e aumentando desde a primeira publicación en 1855 de Leaves of Grass, libro que este ano cumpre 150 anos. Nel está o magnífico Canto de min mesmo (Song of myself) do que cito o número sete pola tradución ao galego de Edicións Positivas:

walt

walt2

Galería
de imaxes

¿Pensou alguén no afortunado que é nacer?

Apresúrome a aforrarlle que é igual de afortunado ca

morrer, seino.

Morro cos que morren e nazo co recén nado que acaban de

Lavar, os meus límites non están entre o meu chapeo e as

miñas botas,

E examino varios obxectos, non hai dous iguais, todos son bos,

Boa terra e boas estrelas, e todo o que lles pertence é bo.

Eu non son a Terra, nin o que lle pertence,

Son o consorte e compañeiro da xente, todos tan inmortais e

Insondables coma min;

Non saben o inmortais que son, pero eu si.

Cada especie para si mesma e para o seu, para a miña o

varón e a muller,

Para min aqueles que foron mozos e aman as mulleres,

Para min o home que sente orgullo e sabe como doe non ser

querido,

Para min as meniñas tenras e as solteironas, para min as nais

e as nais das nais,

Para min beizos que sorriron, ollos que verqueron bágoas,

Para min cativos e os enxendradores de cativos.

¿Quen sente temor de fusionarse?

¡Íspete! Non es culpable ante min, nin podre, nin inservible,

Véxote a través do pano e do algodón queiras ou non,

Estou aquí, tenaz, cobizoso, incansable e non poderás

afastarte de min.

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Serafín

Comentarios
javier dice:

02-06-2005 16:18:30

Ah!, Whitman, maravilloso. Nunca esquecerei eses maravillosos versos: "Quienquiera que seas sospecho con temor que caminas por los senderos de los sueños..." Que bo gusto, Sera. Un abrazo whitmaniano.